Aplazamento do III Congreso Internacional Carlos Fernández-Nóvoa

Como vén sendo habitual, cunha periodicidade bianual, en outono de 2020 celebraríase a III edición do Congreso Internacional Carlos Fernández-Nóvoa para acoller ponencias e comunicacións relativas á Propiedade Industrial e Intelectual e ó Dereito da Competencia.

Sen embargo, a Organización do Congreso, en consideración ás restriccións á mobilidade e á celebración de actividades presenciais vixentes e que son previsibles para os próximos meses como consecuencia da crise sanitaria provocada polo Covid-19, ten decidido aprazar a celebración do evento ata o próximo ano 2021. O desexo da Organización é que a data do Congreso sexa tamén a de finais de otubro dese ano, se ben esta circunstancia non pode ser confirmada ainda e será obxecto dunha comunicación posterior.

Agardamos poder reunirnos en Vigo en 2021 nun foro que consideramos privilexiado para o debate, e continuar así o grande legado que o Prof. Fernández-Nóvoa e a Escola industrialista de Santiago nos deixaron.