Contido orixinal
ADI só acepta traballos de investigación orixinais e inéditos en castelán, inglés, galego ou portugués. Excepcionalmente tamén se aceptará publicar a primeira versión en castelán de traballos publicados orixinalmente en idiomas distintos dos citados. Os autores comprométense a respectar a normativa reguladora dos dereitos de propiedade intelectual, e o envío de traballos a ADI, para a súa publicación, supón o sometemento ao Código Ético da Revista.
Data de recepción e aceptación de orixinais
Antes do 15 de decembro de cada ano deberá notificarse á dirección electrónica da revista (actasderechoindustrial@uvigo.es) a intención de enviar un traballo co título provisional. Salvo casos moi excepcionais, non se admitirá a publicación nun mesmo volume de varios traballos sobre materias que resulten moi próximas, elaborados por un mesmo autor. Os traballos orixinais deberán ser presentados na dirección electrónica (actasderechoindustrial@uvigo.es) antes do 30 de marzo de cada ano.
Dereitos de edición e publicación
Os dereitos de edición e publicación, en calquera soporte, dos traballos aceptados e publicados correspóndenlle a ADI. As colaboracións en ADI son de balde, tanto polo que respecta aos traballos publicados como ao labor dos avaliadores externos.